MARTA E MARTINA AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!
Antes das vacacións de Entroido as nosas compañeiras Marta e Martina trouxéronnos novos materiais relacionados co Polo Norte. Esta semana por fin puidemos falar deles!
Marta tróuxonos un iglú feito con terronciños de azucre. Foi a súa mamá a que lle axudou a construír esta vivenda esquimó! Moitas grazas pola túa aportación!
Martina mostrounos o seu xogo de pesca, onde cun par de canas podemos pescar peixes, morsas, polbos, cabaliños e estrelas de mar, un tesouro... Moitas grazas compañeira!
Comentarios
Publicar un comentario