CONTAMOS UN CONTO!

Esta mañá, na biblioteca da nosa escola, recibimos aos nenos e nenas que o próximo ano se converterán nos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil. Deixaremos de ser os máis pequenos do colexio, e nós seremos os encargados de acompañalos nesta nova aventura!

Despois de visitar as nosas aulas, decidimos realizar unha sesión de contacontos. A historia elixida foi a de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". A profe Rocío encargouse de lérllela, mentres que nós, xunto ás nenas e nenos de 4 e 5 anos, por equipos, imitabamos a tódolos animais que aparecen neste conto que tanto nos gusta.


Para rematar, despedímonos deles regalándolles unhas diademas con aquilo que Xan Pedro lle fixo á toupiña na cabeza, e tamén lles entregamos unhas piruletas e unhas moedas de chocolate para adozar a visita. O noso premio por este bo traballo foron unhas estreliñas que a mestra pegou na nosa fronte!


ATA O PRÓXIMO CURSO PONDALIÑ@S!

Comentarios

  1. Seguro que o conto os nenos que empezarán en setembro lles encantou, na nosa casa e dos preferidos, sobre todo do irmám de Lucía jijiji...e iríanse encantados co recibimento e cos agasallos, deseando volver. Ainda parece que foi onte cando foron eles😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cada vez que aparece este conto pola clase xa se encarga Lucía de recordarnos que é o favorito de Álvaro 😂 E si, a verdade é que o tempo pasa voando. Xa estamos rematando o 2º trimestre de 3 anos! 😱

      Eliminar

Publicar un comentario