No día de hoxe estivemos de celebración! Leila, Noa, Alejandro, Alonso e Marta fixéronse maiores e xa teñen 5 anos! Aquí os tedes coas súas coroas e as súas chapas conmemorativas no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas compañeiras e os nosos compañeiros sopraban a súa vela de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con elas e eles tamén quixeron compartir este momento Vanessa e Gonzalo, a mamá e o papá de Marta; Cristina e Héctor, a mamá e o irmán de Alejandro; Mª Luz e Sabela; a mamá e a irmá de Alonso; Suso e Olga, o papá e a mamá de Noa; e Sandra, a mamá de Leila. Moitos parabéns e a cumprir moit...