CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ANDREA!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Mónica, a mamá da nosa compañeira Andrea!

Contounos unha historia titulada "Canto te quero, profe", protagonizada por Nicolás, un neno que nos relata o seu primeiro día no colexio de maiores. Neste conto, o neno repasa todas as cousas divertidas que fai na escola e explícanos o moito que quere ao seu profe.


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á mamá de Andrea enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas Mónica, volve cando queiras!


Ademais, aproveitamos para ensinarvos como viñemos hoxe á escola, seguindo o primeiro dos mandados do Meco: traer un pano na cabeza!


Igualmente, queremos anunciar que o noso colexio está a participar no "Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite", e hoxe algúns de nós animámonos a probar unhas saborosas mazás durante o recreo! Que tocará mañá? Pronto o descubriremos!





Así mesmo, despois dun par de semanas de investigación e traballo, por fin rematamos as actividades propostas polo Señor do Tempo. Na súa caixa deixámoslle os traballos de Aroa, a encargada de hoxe. Poderemos conseguir o segundo selo do noso pasaporte? Esperamos que si!

Comentarios

  1. Gracias os nenos que se portaron moi ben e a profe. Fixome moita ilusion ir contar o conto a eses nenos tan boiños. Vin encantada. Sodes encantadores. Os bicos deses nenos nn teñen precio.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que estiveses a gusto con nós! 😊 Aos Pondaliñ@s tamén nos gustou terte na nosa biblio contándonos un conto tan chulo! 👏👏👏

      Eliminar
  2. Ese conto tenme moi boa pinta jijiji.e que guapos están co primer mandaliño de antroido,que ricas esas froitas e que sanns !!,seguro que lle poñen o segundo selo no pasaporte que est a información toda jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o conto é moi bonito 😍 Guap@s están sempre, pero no Entroido incluso moito máis! E as froitas riquísimas, pero triunfou máis a mazá de onte que o plátano de hoxe, aínda que Roi papou de todo 😋 E si, estes Pondaliñ@s gañaron un novo selo do seu pasaporte! 👏👏👏

      Eliminar
  3. Cómo nos gusta o carnaval, que guapos todos cos seus pañuelos na cabeza😍, e como nos gusta a froita. Eu penso que van a conseguir o segundo selo no seu pasaporte sen problema 😀

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O Entroido é, sen dúbida, a mellor época do ano! (Ou iso pensa a profe 😂) E si, estes Pondaliñ@s por suposto que conseguir o segundo selo! 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario