CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE XABI!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Sandra, a mamá do noso compañeiro Xabi!

Coa axuda do noso amigo, que xa sabía as historias de memoria, Sandra contounos dous contos! O primeiro deles titulábase "Carabuñas" e cóntanos a historia dun monstro que se dedica a cazar nenos e nenas para a súa despensa, ata que se atopa con Branca, unha rapariga que evita ser atrapada por Carabuñas grazas á súa intelixencia e astucia, comezando con el unha entrañable amizade que se inicia cando a nena lle corta as unllas a este monstro que resultou non ser tan fero como parecía. Gustounos tanto esta historia que, de novo na clase, buscando e buscando descubrimos que o alumnado doutro colexio lle creara unha canción!


Seguidamente, escoitamos o conto de "A bruxa regañadentes", a historia de tres irmáns que se adentran nun bosque escuro e misterioso, tres nenos que deciden entrar na casa dunha bruxa cando non recordan como volver á súa casa. Ao principio, os irmáns maiores ríanse das advertencias do pequeno, pero se non fose pola súa astucia e intelixencia, non poderían superar os obstáctulos e librarse daquela malvada bruxa regañadentes. Como ocorreu co conto anterior, de novo na clase, buscando a buscando descubrimos que tamén contaba coa súa propia curtametraxe!


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustaron estes contos. Por suposto, como agradecemento á mamá de Xabi enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas Sandra, volve cando queiras!


Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, que xa nos deixou unha nova misión: aprender máis sobre as raíñas e os faraóns exipcios! Como non podía ser doutra maneira, xa nos puxemos mans á obra cos primeiros traballiños. Igualmente, queremos presentarvos o último hit da aula de 4 anos. Encántanos este rock exipcio!

Comentarios

  1. Cada día chega a casa e conta cousas de exipto, e onte douselle por cantar ja ja ja. .Pero eu diría que non era esta canción, cantaba unha que decía non sei que de rap...😂😂😂, igual é esta pero en versión Lucía, está moi contenta descubrindo exipto 😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que na clase estamos co rock, e coa profe Luisa co rap! 😆😆😆 Os Pondaliñ@s danlle a tódolos estilos musicais 😜

      Eliminar
  2. uii que marchoso ese rock ! acabaremos bailando todos jijijiji

    ResponderEliminar

Publicar un comentario