FEIRA CIENTÍFICA!
A mañá de hoxe foi moi diferente no CEIP Eduardo Pondal! O noso colexio acolleu unha feira científica na que todo o alumnado se acercou a esta disciplina a través da participación en diferentes obradoiros: fabricación de xabón; creación de esferificacións e xelatina; experimentación con xeo seco e pegadas dactilares; descubrimento das plantas-pedra e traballo con cactus; manipulación de vermes de terra e mar; e observación a través de microscopio.
Esta actividade foi posible grazas ao convenio de colaboración entre a Fundación Eduardo Pondal e a Universidade de A Coruña, impulsada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC e levada a cabo por varios alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias.
Con esta visita preténdese comezar a desenvolver nas nenas e nos nenos o interese pola ciencia, sabendo ademais que se algún ou algunha se inclina cara esta disciplina, as "Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal" da Aldea do Couto están esperando por nós!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe... Nós pasámolo fenomenal!

O vivid non se pode abrab, hoxe candc cheguei de tratrabal naia non daba explicado o q fixeran a pobre non mo sabía explexpl, menme mal q temos o blog e nos enteramos de todo unhunvez mais grgraci
ResponderEliminarGracias por avisar, supoño que non se verá pola música que lle puxen 😕 Pola tarde arránxoo para que o poidades ver 😊 JAJAJAJA, pobre, aínda é un pouquiño complicado para eles, pero para iso está o blog, para completar o que el@s contan na casa 😉
EliminarCaray q mal escribín jjajajajajaja espere se entenda
ResponderEliminarJAJAJAJAJA, penso que entendín todo perfectamente 😂😂😂
Eliminarpois si,viñeron encantados contando un monton de cousas jjijiji, moi interesanteeee !!
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustase a actividade 😊
EliminarAndrea veu encantada. No video estan super atentos. Asi da gusto.
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustase a experiencia 😊
EliminarQ xornada tan entretida!!!ainda me apuntaba a saber destes temas!!!moitas gracias por involucrarvos tanto e enseñarlle sobre temas tan diversos👏👏Ainda que a sección dos vermes pasaríaa por alto,e estou estou de que a moitos foi a que mais me gustou.un saudo profe
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gusten este tipo de actividades 😊 Si, sen dúbida a sección dos vermes foi unha das favoritas dos Pondaliñ@s 🐛🐛🐛
Eliminar