ENTROIDO 2018!

No día de hoxe chegamos ben contentos e contentas á nosa escola... Sabedes por que? Pois porque por fin chegou unha das datas máis esperadas para tódolos Pondaliñ@s: o Entroido xa está aquí, e como non podía ser doutra maneira, nós celebrámolo por todo o alto como raíñas e faraóns exipcios!





Despois de varias semanas de traballo, por fin puidemos lucir as nosas vestimentas exipcias. Que vos parecen? Nós pensamos que estabamos fantásticos!


Ademais, queremos aproveitar para darlle as grazas á profe Silvia por axudarnos tanto no día de hoxe! Axudounos a vestirnos, acompañounos e estivo pendente de nós no pavillón, repartiunos doces de Entroido, botounos unha man no baño... Moitísimas grazas!


Despois de prepararnos na aula, por mor do mal tempo non puidemos realizar o tradicional pasarrúas polo pobo. Tivemos que cambialo por un desfile no pavillón... Aquí nos tedes xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos!


Xa para rematar a xornada, despois de realizar o noso desfile e observar as actuacións dos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Primaria, volvemos á escola, desta vez para degustar no comedor un rico chocolate quentiño e tódolos doces de Entroido que aportáchedes ás familias! Moitas grazas!


Agora só queda pasalo estupendamente ben nestes días libres. ATA O ENTROIDO QUE VÉN!

Comentarios

  1. pero que guapiisimos estabades!! e canto traballastes!!,Roi non paraba de decir o ben que o pasara!! estaba taaan felizzz!!!as fotos preciosass!!,ahora a descansar uns diiñas pa retomar o cole con mas forzaa!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias, alegrámonos de que vos gustase 😊 A verdade é que os disfraces quedaron moi lucidos e os Pondaliñ@s iban guapísim@s 😍

      Eliminar
  2. Os disfraces quedaron moi ben. Que tanto traballastes. Que wuapisimos ibades todos. Que pena que Andrea non pudiera ir. Chorou moito porque queria ir o cole. Pero tiña fiebre e diarrea. Dime ela poño a man na boca e aguanto sen ir o baño e podo ir.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos gustasen 😊 Miña pobre Andrea ☹ Pero que non se preocupe que seguro que nos próximos Entroidos si pode estar, e ademais ten o disfrace na clase esperando por ela 😊 Mándalle un biquiño de parte da profe 😘

      Eliminar
  3. Sodes xeniais e canto traballades os nenos, nunca os imoi agradecer todo o que coidades os nosos nenos, gracias bikiños para todos e bo entroido

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias por valorar tanto o noso traballo 😍 Non hai mellor maneira de agradecérnolo que deixando cada día nas nosas mans o máis valioso para vós 😊 Bo Entroido para vós tamén, a pasalo moi ben para volver o xoves coas pilas cargadas! 💪💪💪

      Eliminar
  4. Gustoume moito a temática de este ano do carnaval, e os de infantil sobretodo jijiji...esos disfraces super bonitos e ben feitos, e as típicas bolsas de toda a vida para facer os disfraces que me recordaron os meus carnavales no cole cando era pequena, gústame que determinadas cousas non cambien tanto co tempo. Eu non puden evitar emocionarme o vela disfrazada(é eso é gracias a profe😊). Gracias tamén a profe Silvia por axudar tanto os nosos nenos, porque para eles son días importantes. Puxemos varias veces mais o disfraz de exipcia estos días😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos gustase, a verdade é que tódolos disfraces quedaron moi lucidos, lástima que non puidésemos ensinalos polo pobo 😞 E que ben que aproveitásedes tanto o disfraz 😍😍😍

      Eliminar
  5. Fermosísimos e fermosísimas!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas! Os Revoltiñ@s tamén estaban precios@s! 😍 (Contesto a estas alturas porque a mensaxe se foi a spam)

      Eliminar

Publicar un comentario