MÁIS DO ENTROIDO!

Fai unha semana que celebramos o Entroido na nosa escola, e grazas a Rosario, mamá do noso compañeiro Roi e membro da ANPA do noso colexio, temos novos vídeos e novas fotografías deste día tan especial para nós. Moi pronto as poderedes ver todas na web do noso centro. Polo momento, aquí vos deixamos todas nas que aparecemos os Pondaliñ@s de 4 anos:


E falando de Exipto, novas aportacións chegaron á nosa aula desde as nosas casas:

Brais presentounos o gran libro de "Buscando a Wally", onde esta personaxe se agocha nas ilustracións protagonizadas por diferentes civilizacións. Aquí o tedes no Antigo Exipto! Ademais, grazas a este libro, descubrimos que ademais dos exipcios, os maias, os aztecas e os incas tamén construían pirámides! E a próxima semana veremos algunhas fotografías que a profe sacou en Chichén Itzá (México) da Pirámide de Kukulcán! Grazas compañeiro!

Zaira ensinounos a gran pirámide de Keops que construíu coa axuda do seu papá. Increíble! Grazas compañeira!

Hugo tróuxonos a gran esfinxe de Guiza, con corpo de león e cabeza do faraón Kefrén, situada moi preto das tres grandes pirámides exipcias: Keops, Kefrén e Micerino. Ademais, mostrounos a súa porta secreta, e grazas a un dos libros que temos na aula, descubrimos que no seu interior se agochan numerosos túneles que poderían levar a unha biblioteca milenaria. Moitísimas grazas compañeiro!

Comentarios

  1. Encantoume que nos invitarades a pasar ese dia tan bonito con vos!!,había que inmortalizar ese dia ben que a ocasión mereciao!!ecantas cousiñas de exipto!! jijijij a pirámide casi che colle un neno dentro jajajaj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa sabedes que os Pondaliñ@s estamos encantados de recibir ás familias no noso cole as veces que queirades 😍😍😍 Si, un montón de cousiñas temos xa, están as mesas do corredor cheíñas de obxectos exipcios! 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario