VISITAMOS A PANADERÍA!

O de hoxe foi un día diferente... Sabedes por que? Pois porque esta mañá botamos un pé fóra do colexio e camiñamos ata a Panadería "Forniños", situada a escasos metros da nosa escola, para coñecer de primeira man o proceso de elaboración do pan. Despois do recreo preparámonos e todos xuntos emprendemos camiño!


Como nos fornos da panadería non collíamos tódolos Pondaliñ@s de Educación Infantil, dividímonos en dous grupos. Así pois, mentres esperábamos a que saísen os nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, aproveitamos para sacar unhas fotos no Campo da Feira cos nosos profes!


Xa na panadería recibíronnos Maite e Teresa, que nos explicaron o proceso que desenvolven cada día moi pretiño do noso colexio: coñecemos os ingredientes básicos para elaborar o pan (auga, fariña, sal e levadura); xuntámolos todos nun gran recipiente, onde unha máquina os mesturou para crear a masa; as panadeiras explicáronnos como amasar para crear diferentes tipos de pan (bolos, moletes, barras, bolas...); botamos as nosas creacións no forno; etc. Tamén lle preguntamos moitas cousas ás dúas panadeiras que estiveron con nós: por que botaban fariña na mesa para amasar; por que levaban mandilóns e gorros; canto tempo tardaba o pan en cocerse; que vendían ademais de pan na súa panadería; de que podían ser as empanadas...

Gustounos moitísimo esta visita, pasámolo estupendamente e aprendemos un montón! Ademais, grazas a que o conserxe Enrique o foi buscar pola tarde, puidemos levar o pan que nós elaboramos para as nosas casas. Xa o probáchedes? Estaba bo? Á profe encantoulle o seu boliño!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe:

Proximamente informarémosvos dunha nova saída para final de trimestre que, se o tempo acompaña, tamén poderemos realizar camiñando. Isto de aproveitar os recursos próximos estanos gustando moitísimo!

Comentarios

  1. Naia non quería ir o colecpq non quería ir a panadería supoño q medomo desconocido pero trouxotunha boliña rica rica e toda contenta Moitas gracias a Teresa e Maite e os profes Pq lle enseñanede primeira man as cousas ademais o día era precioso

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bueno, xa sabes que a Naia lle custa un pouquiño enfrontarse a situacións descoñecidas, pero foi unha campeona, portouse fenomenal e pasouno xenial na panadería xunto aos demais Pondaliñ@s 😉😉😉

      Eliminar
  2. Andrea veu super contenta. Dime ela,ahora xa podemos practicar na casa, mama. Moitas grazas a Maite,Teresa e as profes. Penso que foi unha saída moi interesante.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, encántame Andrea 😍 Pois xa sabedes... Auga, fariña, sal e levadura e a amasar! Xa nos daredes a proba 😋 Alegrámonos de que vos gustase a saída 😉

      Eliminar
  3. Mira qur me gustan as excursions, que ben o pasaron e que contenta chegou a casa co seu boliño de pan, merendou con él e todo jijiji..rico rico...e tamén contou que onte tiñan os patios para eles sólos jajaja...creo quros maiores tamén ian de excursión. A ver a próxima saída, xa con ganas de saber a dónde van��

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, as saídas son unha das mellores cousas do cole! Aos Pondaliñ@s encántalles 😍 (Contesto a estas alturas porque a mensaxe se foi a spam)

      Eliminar
  4. A verdad que facia un dia estupendo pa salir,frio,pero con soliño..moito me gustan esas fotiños de grupo cos profes!!,po álbum de Roi jijiji, estaban superatentos !, inda me estraña que Roi non lle comera masa asi cruda! na casa encantalle axudarme , pero lambe e come masa jijiji e o boliño mooi rico,partino en catro anacos pa que todos o probaramos,e viña mas contento que si trouxera un trofeo!! esas salidas molaaannn

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que non haxa fotos non quere dicir que Roi non se puxera as botas coa masa... Comiu canta quixo e máis 🤣🤣🤣

      Eliminar
    2. jajajajajajajajajajajajajajaja estabao vendo!!!

      Eliminar
    3. A profe sorprendiuse un pouco ao velo comer tan disposto, pero como mal non lle ía facer... ADIANTE! 😆😆😆

      Eliminar
  5. Creo que imos ter uns bos panadeiros jajaja.

    ResponderEliminar
  6. Esta actividade está fenomenal! Sempre lles encanta!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que o pasaron fenomenal e aprenderon moito! 😊

      Eliminar
  7. A min non me deixaron nin a proba entre alex e hector paparon a barriña de pan de camiño a casa, querese decir que estaba bo ja ja ja

    ResponderEliminar

Publicar un comentario