MÁSCARAS AFRICANAS!

O mandando de hoxe do Meco consistía en traer a chaqueta do revés, pero como só iamos estar coa chaqueta nos recreos, decidimos darlle a volta aos nosos mandilóns. E así estivemos todo o día! 


Ademais, como ben vos anunciamos onte, esta mañá por fin rematamos as nosas máscaras africanas: puxemos un montón de gomets e a profe deixounos o seu rotulador súper especial de cor dorada. Canto nos gustou facelas!


E este é o resultado final, aquí están as nosas máscaras xa terminadas. Gustáronvos? Agardamos que si!





Ademais, seguimos aprendendo de Exipto grazas ás aportacións de Noa, Roi e Alonso. Moitas grazas compañeiros!


Noa tróuxonos a un faraón e a un escarabello exipcios creados con hama-beads! Chulísimos!

Roi compartiu con nós unha noticia xenial: descubriron en Exipto unha tumba que contén varios sarcófagos e momias e máis de 1500 amuletos!

Alonso ensinounos este espectacular mural con información sobre a bandeira de Exipto, o río Nilo, os camelos, as pirámides, as momias e os sarcófagos e os xeroglíficos! 

Comentarios

  1. Que chulas as máscaras africanas,o rotulador dorado ainda me gustou a min!a Mario este xogo do Meco,na casa non lle entusiasma demasiado,pero vexo que ahi fai coma todos,alegrome ben,co que me gusta a min o Entroido!ben guapos q están cos xogos do Meco😉

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos gustasen as máscaras! 🎭 Jajaja, pois para non gustarlle os mandados do Meco é dos primeiros que lle ensina todo o que trae á profe cando os colle na fila 🤣 Este Mario éche moito Mario 😆 A ver con que disfrace nos sorprenden mañá, a profe tamén ten unha sorpresa para os Pondaliñ@s 🍪

      Eliminar
  2. as mascaras africanas dan moito miedito ehhh pero moi chulis quedaron!!!,eso..deseando verte jijijiji e mañan mas....jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJA, alegrámonos de que vos gustasen! 😄 A sorpresa da profe foi moi cuqui 😋🍪

      Eliminar

Publicar un comentario