RECIBIMOS A VISITA DA NOSA COMPAÑEIRA IRIA!

No día de hoxe recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós Iria, a nosa compañeira do curso pasado! Estabamos moi ilusionadas e ilusionados pola visita e alegrámonos moito de tela de novo con nós, aínda que só fose por un ratiño! Preguntámoslle polo seu novo cole, a súa nova profe e os seus novos compañeiros, e nós, por suposto, contámoslle tódalas novidades que ocorreron por Ponteceso durante estes meses. Mirade con que alegría a recibimos!


Ademais, Iria estivo de aniversario este martes e, como non podía ser doutra maneira, cantámoslle o "Cumpleaños feliz", tirámoslle das orellas e entregámoslle algúns agasallos... Un globo co número 5, unha postal cos bicos de tódolos Pondaliñ@s, unhas pequenas marionetas do monstro de cores, e estes debuxos que fixemos con moito esmero e moito cariño. Ademais, Iria tamén nos regalou uns divertidos pompeiros! Como isto non nos soubo a nada, a nosa compañeira prometeu volver con máis tempo para divertirse con nós unha tarde enteira! Estaremos esperando con ganas ese día!


DEBUXOS PARA IRIA!

Ademais, aproveitamos para contarvos que no día de onte reunímonos tódolos nenos e nenas de Educación Infantil para ler unha nova carta do Señor do Tempo. Sabedes que nos pediu? Pois que creásemos un museo exipcio no noso corredor! Temos que decorar diferentes elementos do Antigo Exipto, crear tarxetas explicativas e volver a colocalos no seu lugar para darlle forma ao noso museo! E todo isto antes do próximo venres! Por suposto, aceptamos o reto e este luns ímonos poñer mans á obra!


E falando de Exipto, novas aportacións chegaron á nosa aula! Mirade, mirade!

A nosa compañeira Lucía tróuxonos o pasaporte do seu papá, para que os Pondaliñ@s de 4 anos vísemos como era un pasaporte real: a portada, os datos identificativos, as páxinas para colocar os selos... Este non tiña ningún cuño, pero a profe prometeunos traer o seu para que puidésemos ver os selos de países coma Estados Unidos, México ou Marrocos. Este último país está tamén en África coma Exipto! Moitas grazas!

A nosa compañeira Mariña entregounos esta información tan variada do Antigo Exipto e que, pouco a pouco, iremos lendo na aula para seguir aprendendo máis e máis desta gran civilización. Grazas!

As nosas compañeiras Aroa, Leila e Martina mostráronnos diferentes debuxos. Martina un papiro do Antigo Exipto que lle regalou a súa amiga Lucía, e que ela mesma creou e decorou. Leila o sarcófago de Tutankamón. E Aroa unha chea de debuxos relacionados con esta civilización (pirámides, momias, animais, amuletos...). Grazas!

O noso compañeiro Brais tróuxonos catro pirámides que atopou xunto ao seu avó. Gustáronnos tanto que as deixamos no recanto das construcións para poder xogar con elas e crear paisaxes exipcias neste recuncho! Moitas grazas!

O noso compañeiro Hugo ensinounos a pirámide de legos que construíu coa súa mamá, ademais do sarcófago e a momia do faraón Tuntankamón, o noso favorito! Moitas grazas!

Finalmente, o noso compañeiro Xabier tróuxonos esta gran pirámide de area, con palmeiras, sarcófago e momia incluídos, que construíu xunto ao seu papá. Moitas grazas!

Comentarios

  1. que ben que fose Iria de visita!! seguro que se alegraron moito de vela!!!!despois habera que ir de visita ver ese corredor!!! ,e haber se tendes que seguir polo seguinte jijijiji con tantas cousiñas que levan! notase que cansou sensación a nova temática jjiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, estaban súper ilusionados 😍😍😍 Xa sabedes que as familias sempre sodes benvidas, así que cando queirades coñecer o corredor podedes vir de visita! 😊😊😊

      Eliminar
  2. Si por favor que volva iria, alex o pobre non entendiu ben o da visita el contoume que iria volvia po cole, cada loco co seu tema

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, pois a profe ben que lles explicou que só era unha visita 😅😅😅

      Eliminar
  3. Qué alegría recibir a visita de Iria, que ilusión vela un ratiño.e sí Lucía levou toda contenta o pasaporte do seu papá, para ensinar como era, este está sen ningún selo😅.atopámolo nunha maleta.Cantas cousas chulas levan todos 😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, seguro que Iria volve moi pronto para a merendola 😊 As aportacións das familias son xeniais, estanos quedando un corredor exipcio chulísimo 😍

      Eliminar

Publicar un comentario