SOMOS CLEOPATRAS E TUTANKAMÓNS!

Esta mañá o noso colexio encheuse de mil e unha personaxes de Entroido. Grazas ao mandado do Meco, no día de hoxe os nenos e nenas de Ponteceso disfrazáronse coas súas mellores galas. Na aula de 4 anos atopámonos con estilos moi diferentes. Puidemos ver superheroes e superheroinas; príncipes, fadas e princesas; debuxos animados como Pippi, Tigger, Pitufina ou Gekko e Gatuno; policías e sheriffs atrapando piratas; bruxas e esqueletos dando sustos; e tamén hippies desexándonos paz e amor. Mirádenos ben, algúns estamos irrecoñecibles!



Ademais, descubrimos que a nosa profe desaparecera e no seu lugar veu o monstro das galletas! Menos mal que a merenda de hoxe era bocadillo!


Aínda que resultou ser un monstro bo e regalounos algunhas galletiñas antes de baixar ao recreo! Canto chiste nos fixo! 


Xa pola tarde, descubrimos que tamén había outro monstro das galletas pululando pola nosa escola, pero este falaba inglés, e chegou moi ben acompañado de Claudia e Teresa, dúas nenas de 4ºB que nos viñeron contar unha preciosa historia titulada "My nose, your nose". Mirade que ben o fixeron:


Ademais, o "Señor do Tempo" deixounos unha nova misión: decorar caretas de Cleopatra e Tutankamón! Cada un de nós elixiu a que máis lle gustou, e mirade que guapas e guapos estamos como raíñas e faraóns!




Comentarios

  1. Bueno bueno!! como me gusta o carnaval!!! tiñas de todo!! e as profes moi monas de galletitas!!!!ummm que boa pinta tiñan esas galletas!!!,quedaron moi chulis esas caretas!!!e moi ben o conto ca teacher!!! vaia semana mas animada!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, a min tamén me encanta o Entroido, a mellor época do ano sen dúbida 😍 En realidade eramos trillizas, faltouvos ver a Bea 😛 As nenas fixérono fenomenal, e as caretas quedáronlles moi bonitas! 😊 Mañá o colofón final como raíñas e faraóns! 👏👏👏

      Eliminar
  2. Que guapos todos cos seus disfraces e as suas caretas que quedaron chulísimas. Ese día Lucía elexiu entre varias opcións de disfraz, e foi toda contenta co de brujita, pero ela quería levar o de buhita de pjmask, e non lle deixei porque era enteiro, e tiña medo de que pasase moitos traballos para ir o baño, e o baixar do bus o primeiro que me dixo: "estaban gatuno e gekko, e non me deixaches levar a buhita😣", quedei sorprendida co seu razonamiento, pero dixomo toda seria 😅 para o próximo ano deixareille levar o que ela queira, que xa é un pouquiño máis maior. Moi guapas a profe Rocío, teacher e Bea de monstruo das galletas, que vin unha fotito das 3.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJA, Lucía é toda unha experta en PJ Masks! 😂 A profe tense que actualizar no que vén sendo o mundo dos debuxos animados pero xa estaba ela para presentarme a serie, aos protagonistas e para explicarme a relación entre eles 😅 Claro, deixádelles traer o que queiran que a el@s failles moitísima ilusión. E se non son capaces de manexarse no baño xa sabedes que a profe non ten problemas para botarlles unha man 😉 E moitas gracias polo piropo, xa somos unhas expertas creadoras de disfraces 😋

      Eliminar

Publicar un comentario