NOVA VISITA DO SEÑOR DO TEMPO!

Neste segundo día de Entroido, o mandado do Meco consistía en traer uns cantos colares, e así de guapos e guapas chegamos esta mañá á escola:


Estabamos tan contentas e contentos porque despois duns días sen saber del, por fin tivemos noticias do Señor do Tempo... Unhas noticias fantásticas: xa conseguimos o segundo selo do noso pasaporte! O reto do Nilo e do Sáhara está máis que superado! Iso si, xunto aos nosos pasaportes, agora un pouco máis pesados, deixounos unha nova misión: crear as nosas propias máscaras africanas! Como non podía ser doutra maneira, aceptamos o reto, e puxémonos mans á obra: esta mañá picamos ollos e bocas, pegamos rafia a modo de cabelo e decoramos o queixo da nosa máscara. Intentaremos rematala no día de mañá! Ademais, pola tarde, decoramos os diferentes elementos que compoñen o noso museo exipcio e escribimos as etiquetas identificativas. Tan pronto como as clases de 3, 4 e 5 anos teñamos todo listo, mostrarémosvos como quedou! A nós estanos gustando moito!


Ademais, no recreo de hoxe, repartiuse unha nova peza de froita. Desta vez foi a quenda do plátano, e aquí temos a algúns dos Pondaliñ@s que se animaron a probalo:

Comentarios

  1. Como me gusta o carnaval!!! jijijij están adorables!! e da gusto ver como traballan!!! esas mascaras africanas van botar moito meidiñoo jijijiji e Roi si oh e una maravilla velo comer,e probar de todo jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o Entroido é xenial 🎉🎉🎉 Espero que non vos asustárades moito esta tarde coas máscaras 😂😂😂 E si, Roi comedoriño é, non nos queda dúbida 😋😋😋

      Eliminar
  2. Claudia nn comera outra cousa pero a froita encantalle jijijiji. Encantame ver como traballan estes pondaliñ@s ultimamente claudia nn da feito a contarme todo o que fai na clase. Vai encantadisima o castigo que ye podo poner pa que se porte ben e que nn vai ao cole enton ovedece e portase bastante ben jijiji😊😊😊

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A Claudia pásalle o mesmo que Roi, son bos comedores calquera dos dous 😋😋😋 Alegrámonos de que a nena estea tan motivada con todo o que se fai no cole 😊😊😊

      Eliminar

Publicar un comentario