CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O PAPÁ DE AROA!
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Luis, o papá da nosa compañeira Aroa!
Contounos a historia de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", un dos nosos contos favoritos, e no que unha pequena toupa decide preguntar a varios animais se foran eles os que lle deixaran un regaliño na súa testa, mais só coa axuda das moscas puido descubrir ao verdadeiro culpable daquela trastada...
Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento ao papá de Aroa, enchémolo de bicos e achuchóns. Moitas grazas Luis, volve cando queiras!
Ademais, aproveitamos para contarvos que despois dunhas semaniñas desaparecido, por fin tivemos novas noticias do Capitán Nemo. Se queredes coñecer o contido da súa mensaxe, premede aquí!
Como puidéchedes comprobar, o reto desta semana consiste en adiviñar como comen e de que se alimentan os tiburóns e as estrelas de mar. Por suposto, aceptamos esta nova misión e puxémonos mans á obra!
Grazas á gran enciclopedia sobre tiburóns que trouxo a nosa compañeira Zaira, descubrimos que non existen tiburóns vexetarianos, isto é, os tiburóns non se alimentan de vexetais, senón que estes son carnívoros e aliméntanse doutros animais. Ademais, aprendemos que son grandes depredadores porque teñen un gran sentido da vista e do olfato. A gran maioría deles comen peixes, calamares, polbos, cangrexos, tartarugas, focas... E ás veces incluso comen pequenos tiburóns! Outros, coma o tiburón balea ou o peregrino, aliméntanse exclusivamente de plancto, e outros coma o tiburón boreal ou o de Groenlandia fano de carroña, isto é, de animais mortos. Ás veces, algúns tiburóns chegan a comer o lixo que está na auga na que viven, o que nos dou pé a falar sobre a importancia de coidar os nosos mares e océanos. Así mesmo, recordamos que o maior perigo para os tiburóns somos os humanos, xa que hai moitas persoas que os cazan para conseguir as súas aletas dorsais.
Pensades que despois disto podemos cubrir unha nova páxina do noso caderno de anotacións? Nós cremos que si e farémolo mañá!
Así mesmo, aproveitamos a tarde para rematar de decorar as figuras que creamos durante os obradoiros das Letras Galegas e tamén unha pequena figura con forma de estrela de mar que nos regalou a profe! Se xa están secas, poderémolas levar mañá para as nosas casas!

Que traballadore se ven estes nenos. Asi da gusto
ResponderEliminarClaro que si, moito 😊
EliminarLuis encantado deses nenos de parte del gracias por invitalo 😗
ResponderEliminarQue ben, alegrámonos moito! 😊
Eliminar