CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE IZAN!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Raquel, a mamá do noso compañeiro Izan!

Contounos a historia de "El monstruo del armario existe... ¡y te lo voy a demostrar!", un conto no que un neno nos explica por que a súa habitación está sempre desordenada, por que ten tantos calcetíns desparellados ou por que sempre se levanta tan despeinado. O seu papá e a súa mamá cren que todas son excusas que o neno se inventa, mais será o monstro do armario o culpable de todas estas trastadas? Quen sabe...


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á mamá de Izan, enchémola de bicos e achuchóns. Moitas grazas Raquel, volve cando queiras!


Ademais, aproveitamos o tempiño que nos quedou despois da nosa visita á biblioteca para presentar novos materiais que trouxeron dúas das nosas compañeiras:

Andrea ensinounos este gran mural que recolle todo tipo de información sobre as estrelas de mar: anatomía, desprazamento, alimentación, reproducción, usos... Ademais, mostrounos unha pequena estrela de mar que atopou mentres paseaba pola praia de Laxe.

Noa chegou cargada cun montón de fotografías do Aquarium da Coruña, que nos axudarán a recordar a nosa visita da semana pasada. Ademais, coñecemos dous novos acuarios nos que podemos ver moitos animais mariños: o Palma Aquarium de Mallorca e o Sea Life de Porto. Igualmente, xogaremos cun tiburón martelo e tamén poderemos facer un novo quebracabezas sobre o mar.

Comentarios