OUTRA DÚBIDA RESOLTA!

Como xa lle anunciamos onte ao Capitán Nemo, hoxe tocaba solucionar a outra dúbida que nos formulou o comandante do Nautilus: Cantos brazos utilizan as estrelas de mar para moverse? Xa sabíamos que, ademais de para respirar e alimentarse, tamén empregan os pés ambulacrais para desprazarse. Iso si, sobre o número de brazos que usan as estrelas para moverse non tiñamos nin idea e as hipóteses foron moi variadas. Así pois, decidimos consultar algún dos libros de información da nosa aula e tamén ler algúns artigos de varias páxinas web. Queredes saber que aprendemos? Pois mirade o vídeo que lle enviamos ao Capitán Nemo!


Aquí vos deixamos un dos vídeos que vimos para analizar o movemento destes equinodermos!


E ao falar de brazos, aproveitamos para coñecer novas especies de estrelas de mar, de múltiples formas, cores e número de brazos. Buscamos varias imaxes na rede, e vimos vídeos coma o seguinte:


Con todo o aprendido, ademais de mandarlle estas mensaxes ao comandante do Nautilus, cubrimos novas páxinas dos nosos cadernos de anotacións para seguir axudando ao Capitán Nemo. Esperemos que lle sexa de utilidade todo o recollido e que moi pronto nos envíe unha nova misión!

Ademais, aproveitamos para comentarvos que os Pondaliñ@s participamos en dous concursos que se propuxeron no noso cole. O primeiro deles é o da creación do cartel para a segunda edición do "P de Pondal", o noso festival de fin de curso. O segundo, consiste na elaboración dun debuxo para ser reproducido nas paredes do noso patio. Non sabemos se gañarán as obras dalgún Pondaliñ@ de 4 anos, pero o importante sempre é participar xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e Primaria e, sobre todo, ilusionarse e esforzarse por facelo o mellor posible.

Aquí vos deixamos as nosas obras. Agardamos que vos gusten! Proximamente anunciaremos os resultados de ambos concursos!

Comentarios

  1. Cantas curiosisades aprendemos cos Pondaliños!e vaia artistas estan feitos🤩🤩🤩

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro que si, aquí aprendemos tod@s 👏👏👏

      Eliminar
  2. POIS SI JIJIJI moi interesante todo! e vaia dibujos maas bonitos eh meencantan todos todos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fixérono xenial, a ver se temos sorte e aparece algún no cartel do P de Pondal ou nunha das paredes do patio! 😊

      Eliminar
  3. Que debuxos mais bonitos. Que ben pintan estes nenos. E as cousas que aprenden cada dia.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario