XOGOS NA AULA DE MÚSICA!

A profe Luisa envíanos outro vídeo que gravou este martes durante a súa clase. Nel podemos ver aos Pondaliñ@s de 4 anos realizando un divertido xogo: bailar ao son da música, cambiar de parella cando esta para e seguir bailando novamente cun novo compañeiro ou compañeira de baile!


Ademais, presentamos novos materiais relacionados co noso proxecto. Nesta ocasión foi a quenda da nosa compañeira Naia, que nos trouxo o peluche dunha foca, un par de contos de Nemo e a Sereíña e tamén un documental sobre tiburóns que xa vimos durante a última hora de hoxe! Gustounos moito!

Comentarios