CLAUSURA DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO!

Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar da actuación dos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro. Aquí nos tedes antes do comezo do gran espectáculo:



Non botades en falta a ninguén entre o público? Claro que si, pois a nosa compañeira Zaira xa estaba entre bambalinas por ser unha das protagonistas da obra de teatro que estabamos a piques de ver!


As nenas e nenos de Ponteceso representaron a adaptación dunha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno, a escritora galardoada este ano no Día das Letras Galegas. O conto infantil leva por título "Cataventos" e en clave de humor fálanos da igualdade entre mulleres e homes a partir da historia dun galo fachendoso e arrogante que non atura que unha galiña o supere e sexa máis ca el. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa compañeira Zaira durante a interpretación do seu papel nesta obra de teatro. Ela representaba a unha das poliñas que o galo empregaba como escalón para subir ao alto campanario, unha poliña que pronto se rebelou contra este ao darse conta de que as trataba mal e despreciaba a tódalas galiñas do curral.


Zaira fíxoo estupendamente e a nós encantounos a obra de teatro e a mensaxe tan positiva como necesaria que transmite! Un forte aplauso para a nosa compañeira e para todas as nenas e nenos da Escola Municipal de Teatro!

Comentarios