PINTAMOS EN FILM!

Esta tarde aproveitamos o soliño que facía para baixar ao patio e realizar unha das actividades que máis nos gustan: pintar con pinceis! Mais desta vez faríamolo dun xeito moi especial... Non pintamos en papel, tampouco en lenzo, senón que nesta ocasión o fixemos sobre plástico. Si si, o que escoitades, esta tarde os Pondaliñ@s de 4 anos pintamos sobre film!

Só tiñamos unha misión que cumprir: crear un par de acuarios! Para iso, reunímonos en asemblea e pensamos en tódolos animais, vexetais e obxectos inertes que podíamos atopar nun acuario... Despois de moito cabilar, e cando cada nena e cada neno tiña claro o que quería debuxar, puxémonos mans á obra!

Divididos por equipos fomos pintando as dúas mesas ata transformalas nuns preciosos e artísticos acuarios. Aquí vos deixamos o proceso que seguimos:


UN ACUARIO EN FILM!

E despois de tanto esforzo, aquí vos deixamos o resultado final. Agardamos que vos gusten os nosos acuarios. Moi pronto descubriredes o uso que lle imos dar...

ACUARIO DA MESA AZUL E VERMELLA

ACUARIO DA MESA VERDE E AMARELA

Comentarios

  1. quedaron suerchulisss e vaia dia mas bonito pa pintar fora!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que quedaron uns acuarios preciosos! 😍 Bueno, bueno... Tan bonito non foi, que tivemos que rematalos no patio cuberto porque de repente se levantou o vento e unha mesa caeu ao chan e algunhas pinturas saíron voando 🙈 Foi unha aventura! 😂

      Eliminar
    2. xa....aquí o tempo.un asquito

      Eliminar
  2. Que chulada e que divertido pintar asi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, pasárono xenial e quedaron uns acuarios preciosos 😊

      Eliminar

Publicar un comentario