CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS AS MAMÁS DE ROI E LUCÍA!
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estiveron con nós María e Rosario, as mamás da nosa compañeira Lucía e do noso compañeiro Roi!
Recordades cando fai unhas semanas Leo, o irmán de Roi, veu á nosa clase para contarnos o conto de "A vaca que puxo un ovo"? Pois desta vez, gozamos coa compañía da vaquiña Marjorie e da pitiña Daisy, que nos viñeron relatar a súa propia historia despois de que Daisy cacarexara aquel "Muuuuuuu!" que deixara sorprendido a todo o galiñeiro! Co conto que nos presentaron hoxe, descubrimos que ocorreu durante a primeira semana da pitiña Daisy na escola de vacas! Xa escachamos a rir nada máis ver a indumentaria que traían as dúas mamás, e rindo a gargalladas continuamos escoitando esta divertida historia!
Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, e como acabades de ver, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito quen os gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento ás mamás de Roi e Lucía, enchémolas de bicos e achuchóns! Moitas grazas María e Rosario, volvede cando queirades!
Ademais, aproveitamos para presentarvos as aportacións que fixeron Aroa e Hugo ao noso proxecto.
Aroa tróuxonos esta estrela de mar de cinco brazos e de cor azul acompañada dun pequeno cangrexo!
Hugo ensinounos tres estrelas que decorou coa súa mamá e tamén unha pequena variña máxica que creou cunha delas. Ademais, compartiu con nós outro libro-lanterna na que coñecemos varias especies mariñas e na que puidemos alumear tres tipos de tiburón: branco, serra e martelo.

Ja ja ja sodes geniales
ResponderEliminarEstiveron totales! 🐮🐥
EliminarQue ben. Sodes fantasticas chicas.
ResponderEliminarFixérono xenial! 🐮🐥
Eliminarjijijiji mooitas gracias!! a verdad que o pasamos genial !! solo con verlle as caras1!! e os bicos e achuchons que nos deron!!NON TEN PRECIOO !!! Gracias a Rocio por nos deixar volver jijiji
ResponderEliminarPodedes volver as veces que queirades! 😍😍😍
Eliminar