O CLUB DO MANDILÓN!

Esta mañá, tan pronto como quitamos as chaquetas e as colgamos nos percheiros, deixamos as mochilas nas nosas cadeiras e gardamos as axendas na cesta vermella, démonos conta de que había algo diferente no noso encerado... Unha cartolina de cor amarela que poñía "O club do mandilón", e algo colgado sobre el nunhas pinzas de cores. E como non podía ser doutra maneira, preguntámoslle á mestra Rocío que era aquilo tan estraño!

O club do mandilón é un club moi especial, e para pertencer a el temos que cumprir un requisito: poñer, abotoar e sacar o mandilón sen axuda dos mestres ou doutros comapañeiros e compañeiras! Tan pronto como o consigamos, levaremos para as nosas casas eses carnets que colgan desas pinzas de cores, e que nos acreditan como membros exclusivos do club. Sabemos que non hai présa, o importante é intentalo cada día para pouquiño a pouco ir mellorando nesta tarefa que teremos que facer tódalas mañás durante os tres cursos de Educación Infantil!



Hoxe foi o noso primeiro día, e aínda necesitamos a axuda de Xalo e Rocío. Mentres uns vían uns vídeos na alfombra, os profes chamaban a outros para botarnos unha man mentres non somos capaces de facelo soíños! E mirade que guapos quedamos!






E xa aproveitamos esta entrada para contarvos que máis fixemos no día de hoxe... Nesta última foto podemos ver a Iria coa medalla de encargada. Escolleu a de cor amarela porque hoxe veu moi contenta á escola. Despois de facer as rutinas de cada mañá, descubrimos que na pantalla na que vemos os vídeos tamén podemos debuxar cun rotulador máxico! (Que se pode borrar!) E aproveitando que estamos aprendendo máis sobre o corpo, pois decidimos debuxar o da encargada de hoxe. Entre todos fomos repasando as partes que podíamos debuxar, contando cantas tiñamos, e mirade que súper debuxo nos quedou! Impresionante!



E xa pola tarde, coma tódolos martes, visitamos a Cleo na biblioteca. E seguindo coa temática do corpo, a profe Rocío liunos un conto que nos permitiu xogar coa nosa cariña.



E antes de marchar, o profe Xalo, ensinounos unha rima que di así:


Comentarios