NOVA INCORPORACIÓN AO CLUB DO MANDILÓN!

Despois dunhas semanas poñendo e quitando mandilóns, abotoando e desabotoando botóns e dándolle unha e outra volta ás mangas... Chegou o momento de colocar unha nova fotografía no noso Club do Mandilón! A nosa compañeira Leila xa é membro deste exclusivo club. Mirade que sorrinte co seu carnet!


Queremos informar tamén que hai moitos nenos e moitas nenas que están a piques de conseguilo... Seguro que en moi poucos días tendes noticias nosas!

Comentarios