CONTACONTOS: "Not a box!"

Esta mañá, os Pondaliñ@s subimos á biblioteca para asistir a un novo contacontos que preparou Teacher cos seus alumnos e alumnas maiores. Nesta ocasión, os protagonistas eran os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria, que interpretaron o conto "Not a box!". Algunhas caras facíansenos coñecidas, xa que sobre o escenario puidemos ver a Sabela e a Inés, as irmás de Alonso e Aroa Vega, e tamén a Brais, o irmán da nosa compañeira Mariña.


Aquí podedes ver o ben que o fixeron:


E se algún Pondaliñ@ quere recordar a historia na súa casa, deixámosvos a versión en inglés e outra en castelán. Ademais, moitos de nós xa lemos a versión en galego, xa que este conto é un dos que Cleo nos deixa tódolos martes!


Comentarios