"O CIRCO" - JOAN MIRÓ

A próxima semana, aproveitando que é a semana do Entroido, aprenderemos un pouquiño máis sobre o circo. Para iso axudarémonos dun conto que proximamente coñeceredes, e tamén dunha obra de arte: "O circo" de Joan Miró. A partir deste cadro xogaremos a pensar e achegarémonos á "Filosofía para nenos e nenas". Polo momento non vos diremos nada máis, só deixaremos aquí esta presentación (que os Pondaliñ@s aínda non poden ver!) porque a profe necesita un link para crear un Código QR co que traballaremos nuns días. Xa vos contaremos que tal foi esta experiencia!

Comentarios