RETO II: CAL É A INDUMENTARIA DAS SUPERHEROÍNAS E OS SUPERHEROES?

Esta mañá tan pronto como entramos na nosa aula atopámonos con todo isto sobre a nosa alfombra... O Señor do Tempo estaba de volta! Como dubidalo?


E como ben nos di na carta que nos deixou, o primeiro reto está superado, así que procedemos á apertura da primeira porta... Que nervios!


Mais isto non foi o único que nos pediu... A segunda misión estaba esperando por nós: Poderíamos descubrir o tipo de roupa e outros elementos que usan os superheroes e as superheroínas para salvar o mundo?

Por suposto, aceptamos o reto e puxémonos mans á obra! Desmontamos o recuncho do proxecto e buscamos e rebuscamos para recompilar toda a información que nos pediu o Señor do Tempo. Aquí nos tedes en pleno proceso:






E estes foron os magníficos resultados das nosas investigacións. O Señor do Tempo vai quedar máis que satisfeito! Que opinades?





E todo isto foi posible grazas a todo o material que xa temos na aula. Aquí vos deixamos as aportacións que a semana pasada trouxeron os Pondaliñ@s. Moitas grazas familias!









E para rematar o día de hoxe... Aproveitamos o soliño no areeiro!



Comentarios

  1. esperemos que o mundo non corra moito peligro con esta nova xeracion jijiji e que ben os días de soliñoo pa ir o areeiro

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O mundo vai estar nas mellores mans! 🙌🙌🙌

      Eliminar

Publicar un comentario