NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén estivera fedellando na nosa clase... Os nosos libros do Universo fóra da biblioteca e abertos en páxinas onde se vía a Lúa, paquetes de pasta de modelar fóra do seu moble, unha pegada un tanto estraña que non sabíamos quen a deixara alí e un novo vídeo de Valentina Tereshkova!


Despois de prepararnos, decidimos escoitar á nosa astronauta favorita... Seguro que a súa mensaxe nos explicaba un pouquiño máis o que estaba a pasar. Aquí vola deixamos!


Pois xa vedes, a nosa nova misión é saber máis sobre a Lúa! Así que nos puxemos mans á obra e lemos e observamos tódalas páxinas relacionadas co noso satélite que se atopaban naqueles libros que o Señor do Tempo preparou para nós! Ademais, coñecemos a Neil Armstrong e vimos o primeiro alunizaxe da historia! E nós sós decatámonos de que aquela pegada era unha simulación das que este astronauta deixou na Lúa fai 50 anos! E descubrimos que esas pegadas sempre van estar aí porque na Lúa non hai chuvia nin vento que as faga desaparecer!


Seguiremos aprendendo máis ao longo desta semana, pois temos que facer que Valentina volva á Terra o antes posible! O seu mapa xa se vai completando pouquiño a pouco, pois hoxe mandounos outra nova peza! Xa queda menos para facela volver!


E falando da Lúa... En Psicomotricidade, por suposto, tamén realizamos algúns xogos onde a Lúa era a protagonista e a profe Bea axudounos a saber máis e entender un pouquiño mellor as fases polas que pasa o noso satélite. Mirade, mirade!


Ademais, aproveitamos para falarvos dalgunhas actividades que realizamos a semana pasada tamén relacionadas coa temática do noso proxecto. 

Ben sabedes que a nosa anterior misión tiña relación co planeta Terra, e grazas a Hugo e á súa maqueta puidemos saber máis do interior do noso planeta. Foi aí onde descubrimos que o magma que sae dos volcáns vén do interior da Terra, e a profe Brenda improvisou un taller de ciencias para saber un pouquiño máis sobre as erupcións volcánicas! Mirade que divertido!



Ademais, tamén nos achegamos un pouquiño máis ao Universo grazas a unha das aportacións da nosa compañeira Martina. Mirade que ben o pasamos experimentando coa luz!


E falando da mesa de luz... Un día antes deste experimento espacial estivemos experimentando coas cores como faría o propio Joan Miró na súa paleta de pintor. Sabíades que se as misturamos forman novas cores? Fixemos tódalas combinacións posibles coas pezas que alí tíñamos e fixemos moitos e novos descubrimentos! Logo quixemos recordar ao Capitán Nemo e todo o que aprendemos sobre o mar! E para iso resolvemos unhas adiviñanzas mariñas e xogamos libremente, transformando a nosa mesa de luz nun mar moi luminoso! Mirade que ben o pasamos!

Comentarios

  1. Menudos días completos, cómo saltaban e corrían no pabellón, gustoume moito a erupción de cores, probaremos na casa o antes posible, que ademáis vin tamén por ahí a Álvaro moi observador jiji...E o xogo de luces chulísimo...que ben o pasan estos pondaliños e cómo disfrutan

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a pesar de ter pouquiños días foi unha semana moi completa! 😊 E a verdade é que o experimento do volcán era algo que supoñíamos que lle ía gustar a todos, así que tamén invitamos aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos, e foi un éxito! 🌋 E calquera xogo de luz tamén nos encanta, e desde que temos cortinas escuras moito máis! 😍

      Eliminar
  2. Alejandro contoume o dos volcans que lle gustou moito e a historia de mil astrong como lle chama el

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, a verdade é que Alejandro está motivadísimo co proxecto do Universo e calquera cousiña relacionada o apasiona 😍 Ides ter un pequeno astrónomo na casa! 👏👏👏

      Eliminar
  3. Jooo eu cando iva o cole non era tan divertido, podo matricularme cos nenos estes? Q sorte coas profes q temos e Bea xenial como siguen o tema do universo ata en ximnasia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pola profe non hai ningún problema, entre tantos unha máis xa non se nota 😝 Claro, temos a todo o cole implicado coa temática do Universo, e os especialistas non iban ser menos! 😍

      Eliminar

Publicar un comentario