FELICES VACACIÓNS!
O 2º trimestre deste curso xa rematou, e tódolos traballiños que fomos realizando durante estes meses están gardados nesta carpeta tan exipcia. Para crear a súa portada, a profe transformou aos Pondaliñ@s en monarcas exipcios, e xunto á nosa fotografía colocamos un cachiño do papiro que creamos días atrás, e no cal debuxamos un peixe... Sabedes por que o fixemos? Pois porque o peixe era o amuleto dos nenos e das nenas no Antigo Exipto! Por suposto, a nosa carpeta gardámola nunha bolsa, que nesta ocasión decoramos con tres coelliños de Pascua que fai uns días picamos! Gústavos? Agardamos que si! Aquí vos deixamos á nosa encargada de hoxe mostrando as nosas creacións! E falando de coelliños de Pascua... Sabíades que o teléfono da profe ten poderes máxicos? Si, si, si... Mirade, mirade! As nenas e nenos de 4 anos tamén queremos desexarvos unhas felices vacacións con estas simpáticas fotografías que sacamos esta mesma tarde! E AGORA... A PASALO...