RECIBIMOS AOS NOVOS PONDALIÑ@S!

Esta mañá, no CEIP Eduardo Pondal, recibimos aos que serán os nosos novos compañeiros e compañeiras o próximo curso! Acompañados das profes Sandra e Bárbara e xunto ás súas familias, os novos Pondaliñ@s coñeceron os diferentes espazos do noso colexio, estiveron con nós nas nosas aulas e remataron a visita na biblioteca!


Alí, os nenos e nenas de 5 anos, acompañados da mestra Bea e do mestre Xalo, tiñan preparada a dramatización do conto "A que sabe a lúa?". Ademais, contaban con dous invitados moi especiais... A eles tamén se uniron unha nena e un neno da nosa clase, xa que tanto Lucía como Alejandro tiñan aos seus irmáns como espectadores entre o público. Héctor e Álvaro tamén serán Pondaliñ@s o curso que vén. Igualmente, coñecemos a César, Mateo e Alicia, curmáns de Alejandro e Roi, respectivamente. Menuda ilusión!


Mentres, os Pondaliñ@s de 4 anos moi atentos e atentas escoitabamos esta bonita historia! Historia que rematamos escoitando a canción de "A que sabe a lúa?" mentres a mestra Rocío nos repartía un cachiño de lúa para saborear!


Mirade que ben o fixeron os Pondaliñ@s de 5 anos e os nosos compañeiros Alejandro e Lucía!


Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta tarde enchemos de novo a caixa do Señor do Tempo co quebracabezas da Esfinxe de Guiza xunto á Pirámide de Kefrén que realizou Noa, a nosa encargada de hoxe. Ademais, mostrámoslle tamén a pirámide que excavamos, na que atopamos un sarcófago e os seus catro vasos canopos. Por suposto, non podían faltar os nosos pasaportes, nos que esperamos que o Señor do Tempo coloque o noso cuarto selo por ter superado o reto das pirámides. Teremos boas noticias cando mañá cheguemos á nosa aula? Moi pronto o descubriremos!

Comentarios

  1. Os novos pondaliños parece que estiveron moi antentos a historia (o vídeo non carga e solo escoito a Bea contando a historia e algún choro por ahí jijiji..) Álvaro chegou a casa agotado da aventura de ir o cole de Lucía e despois a sua guarde, dixo a abuela que foi metelo no coche e quedou completamente dormido jijiji...e Lucía intentou contar todo o chegar a casa, e que ela fixo de peixe jejejeje... A ver que tal edtos próximos pondaliños 😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que ir ao cole de maiores éche unha aventura que cansa a calquera! 😋 Si, Lucía foi o peixiño co que remata o conto de "A que sabe a Lúa?", estaba súper emocionada por recibir a Álvaro na súa clase e no seu cole 😍 Os próximos Pondaliñ@s pasarano xenial desde setembro! Parece que van a ser pouquiños e tócalles unha profe fantástica! 😊

      Eliminar
  2. jolinn,os nosos peques xa se fan mayores,xa veñen as novas generacions jijiji Roi renegou algo da prima Alicia jajajaj non entendia que xa tiña tres anos e iba po seu cole !! este Roiiii !! jajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai ai ai, non digas iso que a profe xa está un pouco traumatizada con ter que deixalos o curso que vén 🙈🙈🙈 Roi renegou dela totalmente, de feito ata que a mamá de Alicia dixo que eran curmáns ninguén sabía nada porque este raparigo calouno todo 😆😆😆

      Eliminar
    2. Alicia e tan tranquiliña que siempre parece que non esta jijiji por eso Roi prefiere estar cos primos mas grandes cando están xuntos jiji pero ti non te deprimas,que nos damoche permiso pa que sigas con eles ehjijiji

      Eliminar
    3. Jajajaja, creo que vou volver a 3 anos para coñecer a Bella e compañía 😍😍😍

      Eliminar
    4. jijijiji pois si,ai seguiras tendo algo meu...ijijijijji

      Eliminar
    5. Así podes seguir comentando no blog e mandando manualidades para os proxectos 😋

      Eliminar
    6. jijiijij eso esta feitoooo

      Eliminar
  3. Dios que depresion me esta entrando xa,o noso pequeniño . Alex estaba super emocionado era incapaz de estarse quieto

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Medran moi rápido 🙈🙉🙊 A verdade é que Alejandro estaba entusiasmado coa visita de seu irmán! Está desexando compartir corredor con el o próximo curso 😍😍😍

      Eliminar
    2. Si xa por separado dan que facer xuntos son unha bomba

      Eliminar

Publicar un comentario