CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE MARIÑA!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta mañá estivo con nós Reme, a mamá da nosa compañeira Mariña!

Con ela recordamos un dos nosos contos favoritos, co cal traballamos o curso pasado durante varios meses para saber un pouquiño máis sobre o outono... Sabedes de que historia falamos? Claro que si, da protagonizada por unha velliña e tres feras, que como ben sabemos se titula... "Corre corre, cabaciña"! E ademais, conta cunha canción chulísima que xa aprendemos de memoria de tanto como a cantamos!


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto... Por suposto, como agradecemento á mamá de Mariña, enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas Reme, volve cando queiras!


Pero a visita de Reme non quedou aquí... Pode que moitos non o saibades, pero antes de atoparse no colexio de Ponteceso, as profes Bea e Rocío xa "traballaran" xuntas. Fai un par de cursos, cando os Pondaliñ@s de Bea tiñan 3 anos e cando Rocío e Mari (irmá de Bea) eran profes dos Revoltiñ@s de Cabana, fixeron desta historia unha divertida obra de teatro! Se visitades o blog dos Revoltiñ@s poderedes ver que ocorría en novembro de 2015... Pinchade aquí e aquí para velo! A obra verémola na aula nos próximos días porque non está subida á rede...

E por este motivo, tan pronto como a profe Bea se enterou da historia que nos viña contar Reme, xunto aos seus Pondaliñ@s de 5 anos quíxose unir á fantástica dramatización que realizaron Mariña e a súa mamá na nosa aula. Mirade que ben o fixeron! Encantounos!

Comentarios

  1. Esta reme e autentica, que ben interpretado

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, fixérono xenial e aos Pondaliñ@s encantoulles 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario