VISITAMOS O MELGA!

Esta mañá, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, realizamos unha nova saída! Desta vez tampouco nos movemos de Ponteceso, xa que é na nosa vila onde se atopa o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).

Como podemos ler na súa páxina web, o MELGA é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial. Tendo como guía a Ricardo Pérez y Verdes, coñecemos e puidemos xogar con algunha das máis de 4000 pezas que alí se exhiben.

Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que foi o día de hoxe:

Comentarios

  1. Esta genial o video. Os nenos estan super implicados na materia. Asi da gusto. Gracias profes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que o pasaron fenomenal e estiveron súper participativ@s 😊

      Eliminar
  2. Moitisimaas gracias Rocio! vendo casi foi como estar ali jijijiji q caras de curiosidad jijiji creo que po bolo boulle pedir unas pinzas da roupa e un saco de carozos jajajaj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A profe emocionouse un pouco e sacou mooooitas fotos 🙈 Pois ese sería un regalo xenial e os nen@s pasaríano pipa! 👏👏👏

      Eliminar
  3. Eu pregunteille a alex que viran e a sua contestacion. Vimos avions, coches bicis e unha peonza e moitos mais elementos pero eses contochos outro dia con mais calma ja ja ja pasarono pipa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, Alejandro é auténtico 😂😂😂 E si, pasárono fenomenal 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario