CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O IRMÁN DE AROA!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa clase recibimos unha visita moi especial. Esta mañá estivo con nós Alejandro, o irmán maior da nosa compañeira Aroa!

Con el coñecemos o libro "Cuentos para antes de despertar", máis concretamente a historia de "Datruelo", un trono ao que os seus compañeiros de cidade lle obrigaban a tratar mal aos demais fenómenos atmosféricos. Pero ao noso protagonista gustáballe bailar coa chuvia e saír de paseo co sol, mais sempre que isto pasaba os outros tronos o castigaban. Despois de moitos castigos, os tronos decidiron mandalo á Terra para facelo desaparecer, pero un chisquiño antes de tocar a atmosfera, o sol e a chuvia pedíronlle a unhas chispiñas de cores que rescatasen a Datruelo. Por iso, cando a chuvia e o sol saen ao mesmo tempo, no ceo podemos ver un arco de cores... É Datruelo, que decidiu non ir recto e loitou por ser diferente e lograr a felicidade! 


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento ao irmán de Aroa, enchémolo de bicos e achuchóns! Moitas grazas Alejandro, volve cando queiras!


Ademais, aproveitamos para comentarvos que xa recibimos unha nova visita do Señor do Tempo! O reto dos amuletos está superado, e o sexto selo xa forma parte do noso pasaporte. Entre outras actividades, mirade que ankhs decoramos con area do deserto e xoias faraónicas:





E se superamos o sexto reto, por suposto tivemos que recibir a sétima proba por parte do Señor do Tempo! Desta vez toca aprender máis sobre os xeroglíficos, polo que nada máis abrir a caixa nos puxemos a analizar o abecedario que nos regalou! Cada letra conta co seu propio símbolo! Fixándonos ben incluso poderemos crear as nosas propias mensaxes!


Como non podía ser doutra maneira, esta tarde xa comezamos co primeiro encargo do Señor do Tempo... Construír o noso nome con xeroglíficos! E mañá tocará escribilo porque hoxe nos quedamos sen tempo! Xa vos mostraremos o resultado final, non vaia ser que a partir de agora queiramos firmar as nosas obras co noso nome exipcio!




Comentarios

  1. Como mola Claudia veu toda contenta co seu amuleto. E que concentrados estan traballando jjejejej claudia na casa nn ta asi quieta facendo o que lle mando nin de broma.esperamos os resultados deses nomes anque mañan Claudia coa tos que ten nn sei se ira o cole

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Calquera cousiña relacionada con Exipto lles fai ilusión, e se ademais foi enviada polo Señor do Tempo nin che quero contar! 😊

      Eliminar
  2. como mola o amuleto!!! da gusto velos traballar! ese señor do tempo mola moito!! están entusiasmados por todo o de Exipto!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Súper entusiasmad@s, imos ter que seguir co Antigo Exipto incluso no 3º trimestre 😋

      Eliminar

Publicar un comentario