CREAMOS O NOSO PROPIO PAPIRO!

Esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, quen nos deixou un novo selo no noso pasaporte: o reto dos xeroglíficos estaba superado! Iso si, a proba dos inventos xa estaba esperando por nós...


A nosa primeira misión consistía en recordar e descubrir algúns dos inventos que realizaron os antigos exipcios para así completar o museo do noso corredor. Foi desta maneira como descubrimos, entre outros obxectos (como o arado, a serra, a balanza, os espellos, a maquillaxe...), que os exipcios inventaran o cepillo de dentes! Entre todos buscamos as letras que necesitabamos e o xeroglífico ao que estas se asocian. Logo, imprimímolas, recortámolas, decorámolas e pegámolas na orde correspondente. Aquí vos mostramos o resultado final! Coñecíades vós esta curiosidade?


Por suposto, un dos grandes inventos exipcios foi a escritura xeroglífica, e da súa man chegou o papiro! Sabedes que nos propuxo o Señor do Tempo? Crear o noso propio papiro xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 5 anos! Por suposto, aceptamos o reto, e aquí nos tedes en plena acción...

Esta tarde xuntámonos no corredor de Infantil, e como o noso compañeiro Roi xa creara un gran papiro na súa casa, foi el o encargado de explicarnos o proceso a seguir... Auga, cola e café! Removemos e a pegar gasas! Encantounos!







Aquí vos deixamos o resultado final, que xa deixamos a secar na nosa aula! Pero tede por seguro que algo máis faremos cos nosos papiros... Seguiremos informando nos próximos días!

Comentarios

  1. Pois mira ti canto se aprende dos exipcios..xa che eran ben presumidos de aquela ijiji ese papiro seguro que trae algún xerogrifico pa que os papis non o entendamoss jijij pero ..investigaremossss jijij

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A exipcia foi unha gran civilización que nos aportou moitísimo! 👏👏👏 Xeroglífico non, pero quizais algún amuleto que aínda non coñecedes si 😋

      Eliminar

Publicar un comentario