TALLER DE COCIÑA: MOMIAS DE EXIPTO!
Esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, que nos deixou o oitavo selo nos nosos pasaportes por ter coñecido diferentes inventos exipcios e por crear algún deles, coma o papiro e a escritura xeroglífica. Desta vez propoñíanos saber máis dos deuses exipcios, e para iso deixounos un xogo de cartas e tamén unha máscara do noso deus favorito: Anubis.
Por suposto, encantounos a súa proposta, e despois dunha mañá de traballo, así de realistas quedaron as nosas caretas:
Ademais, tiñamos unha tarefa pendente da semana pasada... Realizar un taller de cociña! Como non podía ser doutra maneira, a receita tiña que estar relacionada co Antigo Exipto, polo que nos puxemos mans á obra para crear as nosas momias...
1º) Collemos unha rebanada de pan de molde.
2º) Colocamos unha loncha de xamón ou pavo sobre o pan.
3º) Esparcimos tiras de queixo a modo de vendas.
4º) Colocamos dúas aceitunas para darlle forma aos ollos.
E despois disto... Xa temos as nosas momias exipcias! Mirade que chulas!
E xa pola tarde... Compartimos merendola cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos!

Moi bonitas esas caretas!! e eses sanwiches teñenche boa pinta!! nese cole siempre hai festa jijiji
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustasen as actividades que propuxemos para rematar este trimestre! 😊
Eliminar