FELICES VACACIÓNS!
O 2º trimestre deste curso xa rematou, e tódolos traballiños que fomos realizando durante estes meses están gardados nesta carpeta tan exipcia. Para crear a súa portada, a profe transformou aos Pondaliñ@s en monarcas exipcios, e xunto á nosa fotografía colocamos un cachiño do papiro que creamos días atrás, e no cal debuxamos un peixe... Sabedes por que o fixemos? Pois porque o peixe era o amuleto dos nenos e das nenas no Antigo Exipto! Por suposto, a nosa carpeta gardámola nunha bolsa, que nesta ocasión decoramos con tres coelliños de Pascua que fai uns días picamos! Gústavos? Agardamos que si! Aquí vos deixamos á nosa encargada de hoxe mostrando as nosas creacións!
E falando de coelliños de Pascua... Sabíades que o teléfono da profe ten poderes máxicos? Si, si, si... Mirade, mirade! As nenas e nenos de 4 anos tamén queremos desexarvos unhas felices vacacións con estas simpáticas fotografías que sacamos esta mesma tarde!
E falando de coelliños de Pascua... Sabíades que o teléfono da profe ten poderes máxicos? Si, si, si... Mirade, mirade! As nenas e nenos de 4 anos tamén queremos desexarvos unhas felices vacacións con estas simpáticas fotografías que sacamos esta mesma tarde!
E AGORA... A PASALO ESTUPENDAMENTE BEN DURANTE ESTES DÍAS DE DESCANSO! TOCA REPOÑER FORZAS PARA VOLVER O PRÓXIMO MARTES 3 DE ABRIL COAS PILAS SÚPER CARGADAS!
Moito traballaron !! da gusto ver cantas cousiñas aprenderon!! moi simpaticos están de coelliñosss jajajaja ois outro trimestre que remata...que peniña...feliz Pascua profe! vemonos a volta! moitos bicoss
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustasen as cousiñas que levaron e foron facendo durante este trimestre! 😊 Para o 3º máis e mellor! 👏👏👏 Felices vacacións para vós tamén! 😘
EliminarMoito traballos fixeron. Encantaronme todo que troujo porque fixeron moitas cousiñas. Feliz pascua Rocio.
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustase todo o que fixemos durante estes últimos meses! 😊 Seguiremos coas mesmas ganas no próximo trimestre! 👏👏👏 Felices vacacións para vós tamén! 😘
Eliminar