CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A IRMÁ DE BRAIS!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Olalla, a irmá maior do noso compañeiro Brais!

Con ela coñecemos o conto "Gústame o chocolate", a historia dun neno ao que lle gustan tódolos tipos de chocolates, xa que todos eles son bos para moitas situacións cotiás e, por suposto, do mellorciño que lle podemos regalar a alguén. Explícanos tamén os estilos de comer chocolate que existen e, en definitiva, como o chocolate nos fai felices. Gustounos moito, aínda que non quedamos moi convencidas e convencidos con iso de que o mellor é sempre deixar un pouquiño para mañá... Vós que pensades?


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á irmá de Brais enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas Olalla, volve cando queiras!


Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo... Xa temos catro selos no noso pasaporte, superamos con éxito o reto das pirámides! Iso si, deixounos un novo: o reto das momias e dos sarcófagos! Para iso deixounos como misión 
a creación do noso propio sarcófago que, por suposto, xa quixemos realizar á volta do recreo. E tamén unha nova proba arqueolóxica, mais desta vez cambiou a pirámide polo sarcófago. Que haberá dentro? Mañá descubrirémolo! Ademais, estivemos lendo un libro e vendo uns vídeos para aprender máis sobre o proceso de embalsamamento e momificación:

  1. Quitábanlle tódolos órganos, excepto o corazón, que se deixaba no corpo porque crían que nel residía a intelixencia e as emocións. Os demais, salvo o cerebro que o consideraban inútil para a vida no máis alá, gardábanos nos vasos canopos.
  2. Cubrían o corpo con sal natrón durante 40 días, e pasado ese tempo, enchían o seu interior con aceite aromático e resinas vexetais.
  3. Durante 15 días vendaban o corpo con lino e logo colocábanlle unha máscara.
  4. O sacerdote lector poñía a súa máscara de Anubis e iniciaba o ritual de apertura da boca para que no máis alá puidesen usar os cinco sentidos.

Ademais, tamén falamos do cortexo fúnebre polo deserto ou polo Nilo que levaba á momia á súa pirámide ou ao Val dos Reis ou das Raíñas, así como do gran número de ataúdes de madeira que se gardaban no interior do sarcófago de pedra ou do ritual das ofrendas. Estámonos volvendo uns expertos e unhas expertas no Antigo Exipto!

Comentarios

  1. buajjj era un poucoo macabrossss !!o dos vasos canopos dan algo de yuyuuu ,espero que non queiran experimentar na casa jajajajajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, a min non me sorprendería... Sobre todo no patio saen uns xogos sobre o Antigo Exipto impresionantes 😂😂😂

      Eliminar
  2. Si hoxe alex veu falando de anubis e de cleopatra

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, hoxe ata debuxou a Anubis xunto ao seu sarcófago porque lle estaba facendo o ritual 🤣🤣🤣

      Eliminar

Publicar un comentario