MATISSE EN EXIPTO!
Estes últimos meses temos ao noso pintor favorito un pouquiño abandonado, pero é que tivemos tanto que facer neste segundo trimestre... Iso si, hoxe, cando ninguén o esperaba, Matisse apareceu de novo na nosa aula! Desta vez cun cadro concreto e pintado por el mesmo! Como non podía ser doutra maneira, esta obra de arte estaba moi relacionada co noso proxecto...
Titúlase "Interior con cortina exipcia", e parece que o autor o pintou dentro dunha casa de Exipto. Nel podemos ver unha mesa con froita xunto a unha gran fiestra con vistas a unha palmeira do deserto do Sáhara semicuberta por unha cortina feita cunha preciosa tea exipcia. A nosa labor foi reproducir coa maior exactitude posible a obra de Henri Matisse, para así seguir favorecendo a nosa percepción visual e, sobre todo, a nosa capacidade de atención, mentres seguimos aprendendo máis e máis do Antigo Exipto e coñecemos máis obras do pintor francés.
Aquí tedes o resultado final:

carais!!que ben pintan!! como melloran jijiij casi poden facer eles un matisse autentico jijiji
ResponderEliminarSi, nótase un cambio moi grande desde que entraron en 3 anos 😊 Se de Ponteceso saiu o creador do himno de Galicia, quen nos di que non van saír os próxim@s Matisse! 👩🎨👨🎨
Eliminarjajajajaja ummm seguro que algún artista caaera jijijii
EliminarPor suposto que si! 💪💪💪
EliminarQue ben pintan estes nenoas. Van ser uns pintores geniales.
ResponderEliminarSon uns artistas! 🎨🎨🎨
Eliminar