ARQUEÓLOG@S EN EXIPTO!
Unha vez máis, e por petición do Señor do Tempo, convertémonos en arqueólogas e arqueólogos para saber máis do Antigo Exipto. Nesta ocasión, a nosa misión foi abrir o sarcófago de Tutankamón! Seguindo as instrucións, buscamos os ollos de Horus escondidos entre os xeroglíficos que decoraban o sarcófago, e petando e petando sobre eles conseguimos abrilo! Era o momento de excavar, e co cincel e co martelo, atopamos catro vasos canopos e tres pedras preciosas que lle deixaron á momia como ofrenda! Mirádenos en acción:
Ademais, queremos darvos unha boa noticia! Despois de varios venres de traballo, esta mañá coa axuda do profe Xalo, por fin conseguimos rematar o quebracabezas que fai unhas semanas trouxo o noso compañeiro Hugo! Mirade que xenialidade! Canto imos repasar e aprender sobre o Antigo Exipto nos próximos días observando tódalas figuras que nel podemos ver!
Ademais, queremos darvos unha boa noticia! Despois de varios venres de traballo, esta mañá coa axuda do profe Xalo, por fin conseguimos rematar o quebracabezas que fai unhas semanas trouxo o noso compañeiro Hugo! Mirade que xenialidade! Canto imos repasar e aprender sobre o Antigo Exipto nos próximos días observando tódalas figuras que nel podemos ver!
Por Fin!! Non lle daba chegado o dia a Hugo de acabar o quebracabezas!!! Como podes ver casi todos os dias ( por non decir todos ) o enserio que se toma o tema de Exipto!! todos os da casa creo que estamos levando un curso acelerado de exipto, sobre todo co tema dos sarcofagos e as momias!! jajajjajajajajjaja
ResponderEliminarAhh por certo, o outro dia pola mañan pediome que o levara a Exipto ,(asi como quen o leva a Coruña), que disque ten que ir para quitar unha foto e enseñarlla a Rocio!!! jjajjajajjajaj
EliminarSi, é que este quebracabezas tiña algunhas partes que moito traballiño nos deron (tiña taaaaanto ocre que non dábamos avanzado) 🙈🙈🙈 Seino, seino, tódolos Pondaliñ@s están súper motivados co tema, pero penso que Hugo está no TOP 3 de implicados 😍😍😍 Nos recunchos fai o que sexa para inventar xogos exipcios (constrúe pirámides, moldea esfinxes, debuxa momias, escribe xeroglíficos...) e no patio máis do mesmo, de repente velo tirado no chan porque é unha momia nun sarcófago. Encántame! 🤩🤩🤩 Sen falar da tinta e do papel que ten que gastar a vosa impresora con tódolos debuxos que nos trae 😂😂😂 Dá gusto con el! 👏👏👏
EliminarSeino, seino, estou informada da súa próxima viaxe a Exipto. Porque el está convencido de que o ides a levar que mamá prometiullo 🤣🤣🤣 Como lle dixen a Rosario, case mellor levalos ao British Museum de Londres ou ao Metropolitan de Nova York (este último visiteino o ano pasado e ten uns espazos dedicados a Exipto impresionantes que marabillarían a tódolos Pondaliñ@s) 😉😉😉 A profe conformaríase con prepararlle unha saída a algunha exposición exipcia pretiño de Ponteceso, pero non atopou nada 😔😔😔
Eliminar