IMOS DE EXCURSIÓN: NATURMAZ!
Esta mañá visitamos o concello de Mazaricos para desfrutar dun gran día de aventura en Naturmaz! Na xornada de hoxe puidemos visitar a súa granxa-escola, superar diferentes obstáculos nunha divertida xincana, practicar tiro con arco, plantar grans de millo e coñecer o seu hangar de avións. E o que máis nos gustou: unha improvisada festa acuática con aspersores para superar un día tan caloroso! Pasámolo xenial e xa temos ganas de repetir! Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que foi o día de hoxe. Agardamos que vos guste!