SOMOS OS SUPERPONDALIÑ@S!

Esta mañá, nada máis entrar na escola recibimos unha grata sorpresa! Agora mesmiño vos explicamos o que nos ocorreu...

Pois ben, tranquilamente estábamos subindo as escaleiras cando de súpeto o primeiro da fila berrou alarmado avisando de que o noso corredor estaba cheo de antifaces de superheroes e superheroínas que chegaban da entrada ata a porta da nosa clase! Ademais dun cartel que poñía "5 anos"...

Aquilo era moi raro, así que decidimos seguir o camiño de máscaras, que nos levou ata a nosa clase... Alí descubrimos que a nosa alfombra estaba chea de libros e contos sobre superheroínas e superheroes, e que alguén nos transforamara en Superpondaliñ@s que sobrevoan o ceo dalgunha cidade! E claro, isto só podía ser obra dunha personaxe ben coñecida por nós... O SEÑOR DO TEMPO!

Por agora non sabemos nada máis, nin unha cartiña deixou, pero pensamos que quere que aprendamos máis sobre superheroes e superheroínas porque ten unha nova misión para nós. Quen sabe o que ocorrerá? Este Señor do Tempo sempre nos sorprende...

Comentarios

  1. ese señor do tempo siempre con misteriosss...este puxonolo fácil jijijijij

    ResponderEliminar

Publicar un comentario