CLUB DE CIENCIA: ABRIL!

Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o cuarto experimento do club. Este deberíamolo ter feito no mes de abril, mais por diversos imprevistos tivemos que pospoñer a sesión ata hoxe.

Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear uns robots pintóns. Queredes saber como os fixemos? Estade ben atentos e atentas ao seguinte vídeo:


Así mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/

Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos a vindeira semana cunha nova experiencia científica. Seguiremos informando!

Comentarios