VISÍTANOS IRIA E ZAMPAMOS SÚPER-PIRULETAS!
A xornada de hoxe era unha das máis esperadas para nós... Por fin recibíamos a visita da nosa compañeira Iria! Cantas ganas tíñamos de vela!
Pasamos todo o día con ela: veu con nós a clase de Música, xogou con nós no recreo e nos rincóns, e incluso nos tiña preparada unha gran sorpresa! Mirade que xogo de caracol nos trouxo para pasar lista! Encantounos! Por suposto, xa o estreamos, aínda que dunha maneira moi agarimosa... Tivemos que tirar dados, mover unha peza de caracol ata a casilla correspondente e darlle un bico e un abrazo ao Pondaliñ@ que se correspondese co nome que tocara en cada momento! Canto nos gustou e canto uso lle imos dar! Moitísimas grazas Iria!
Nós, a cambio, tiñamoslle preparada unha rica merendola, que ademais de agradarlle á nosa compañeira, tamén lle agradaría moito ao Señor do Tempo! Queredes saber por que? Pois porque eran unhas piruletas de superheroes e superheroínas! Pintamos e picamos capas, cravamos un amorodo nunha brocheta e probamos o pegamento comestible para colocar uns ollos de azucre no seu lugar... Mirade que chulas nos quedaron! E que ricas estaban!
Moitísimas grazas por vir visitarnos Iria, volve cando queiras! Esperámoste o 12 de xuño, ti xa sabes por que! Querémoste moitísimo e botámoste moito de menos!

jo que ben que se siga acordando dos seus compiss da gusto velos asi
ResponderEliminarQue guapa e que maior está iría, Alejandro encantalle as suas visitas querena moito
ResponderEliminarSiii 😍 E moi pronto a volveremos a ver 😊
Eliminar