INICIAMOS PROXECTO!

Como ben sabedes, no día de onte o Señor do Tempo visitou a nosa clase e dounos a entender que nos tiñamos que poñer mans á obra con isto de aprender máis e máis sobre os superheroes e as superheroínas...

Por suposto, aceptamos a misión! Para comezar, en asemblea puxemos en común as nosas ideas previas sobre este tema a través do "Que sabemos?" e xurdiron novas cuestións no "Que queremos saber?". Aquí vos deixamos as conclusións ás que chegamos:



Pero para resolver estas dúbidas e aprender máis necesitamos informarnos... Algunhas cousiñas xa as temos na clase, proximamente visitaremos a biblioteca para ver que atopamos por alí, pero tamén precisamos a axuda das nosas familias. Hoxe completamos unha carta na que vos pedimos colaboración, pois necesitamos traer das nosas casas libros de información, contos, xogos, manualidades, etc. relacionadas cos superheroes e superheroínas. Aquí vos deixamos a que escribiu Alejandro, o noso encargado de hoxe:


Nós, polo momento, xa estamos aproveitando os recursos que temos. E mirade como nos gusta facelo, estamos entusiasmad@s coa proposta do Señor do Tempo!


E para rematar a xornada... Xa somos Superpondaliñ@s de pleno dereito!

Comentarios

  1. Este traballo deixollo a Luis el e o manitas 😂😂😂 E asi divirtense os dous😘😘

    ResponderEliminar

Publicar un comentario