CLUB DE CIENCIA: MAIO!

Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o quinto e último experimento do club neste curso.

Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear pompas de xabón resistentes. Queredes saber como as fixemos? Estade ben atentos e atentas ao seguinte vídeo:


Así mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencia conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/

Agardamos que os Pondaliñ@s aprendesen e se divertisen moito coas diferentes experiencias que fomos realizando ao longo destas semanas. Para o vindeiro curso máis e mellor!

Comentarios

  1. pois sii,viñeron encantados, Roi chega siempre encantadísimo,non lle da chegado a seguinte semana que toque o club de ciencias jijiji po curso que ben mas jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, Roi está emocionado co club de ciencias e os experimentos tóxicos que fai na casa 🤣 Si, para o curso que vén máis e mellor! A ver se xa podemos comezar a principio de curso 🤞

      Eliminar

Publicar un comentario