RETO III: COMO SON OS LOGOS QUE REPRESENTAN ÁS SUPERHEROÍNAS E AOS SUPERHEROES?

O pasado venres o Señor do Tempo deixou na nosa aula unha nota na que nos pedía que trouxésemos á escola un par de rolos de papel hixiénico. Por suposto, seguimos as súas instrucións e onte chegamos cargadiños con eles!

A profe Rocío contounos que o noso gran amigo tamén falara con ela, e a nosa nova misión era pintar eses rolos da nosa cor preferida... Fixemos as primeiras hipóteses para coñecer en que se transformarían eses rolos, e moitos Pondaliñ@s chegamos á mesma conclusión: uns brazaletes de superheroes e superheroínas! Estaríamos no certo? Quen sabe...





Esta mañá confirmóunolo o Señor do Tempo a través dunha nova carta que deixou na nosa alfombra...


Antes de nada, anunciounos que o anterior reto estaba máis que superado e que tiñamos o seu permiso para abrir a porta número dous... Así o fixo Claudia, a nosa encargada de hoxe!


Así mesmo, confirmou que estábamos no certo ao pensar que os rolos de papel hixiénico se transformarían nuns superbrazaletes! Mais dounos novas instrucións... O noso deber era observar os logos dos superheroes e superheroínas que tiñamos pola aula e logo deseñar o noso propio, como bos Superpondaliñ@s que somos! E así o fixemos... Observamos, falamos, pensamos, debuxamos, repasamos, arrastramos, picamos e pegamos! E este foi o resultado final! Mirade que chulos nos quedaron:




Comentarios

Publicar un comentario