SÚPER BÚSQUEDA DO TESOURO!
Esta mañá, á volta do recreo, o Equipo de Biblioteca da nosa escola tiña preparada para nós unha súper búsqueda do tesouro!
E representando a todo o equipo xa nos esperaba a Capitana Susana...
Enfundámonos uns sombreiros de pirata e pasamos a formar parte da súa tripulación! Entramos no barco pirata e emprendemos rumbo á Illa Biblioteca!
Nada máis chegar á Illa Biblioteca atopamos un cofre do tesouro, mais este estaba pechado... E éranos imposible desenganchar a chave! Que podíamos facer?
Anda, unhas pistas! Tiñamos que adiviñar de que superheroe ou superheroína nos estaban a falar...
E unha vez resoltas as adiviñas... A buscar! Onde estarían os Increíbles, Wonder Woman, Spiderman, Ladybug, Batman, Catwoman e Superman?
Cando os atopamos, colocamos todas as imaxes recollidas no seu lugar...
E despois das palabras máxicas... Conseguimos que a chave se desenganche!
Abrimos o cofre... Que nervios! Que emoción!
E no seu interior atopamos un mapa do tesouro!
Seguimos as súas indicacións! Cinco pasos cara diante, dous cara á esquerda, tres cara diante, catro á dereita...
E chegamos xunta Cleo... Mirade o que había agochado na súa mochila! Que xenial!
E de regreso á Illa de 5 anos a encargada abriu o agasallo de Cleo... O conto de "Salvaje"!
Por suposto, a profe Rocío xa nolo contou! E encantounos! Aquí volo deixamos:
Moitas grazas Capitana Susana e a todo o Equipo de Biblioteca por esta magnífica aventura!

con esa tripulación,o tesouro non se lle escapaba jijiji
ResponderEliminarPor suposto! 👏👏👏
Eliminar