RETO I: COMO SE CHAMAN OS MEMBROS DA FAMILIA INCREÍBLE?

Cando esta mañá entramos na nosa aula isto foi o que atopamos na nosa alfombra...


Por suposto, isto só podía ser obra do Señor do Tempo! E para confirmárnolo deixounos esta carta... Mirade o que nos contou:


Como non podía ser doutra maneira, aceptamos a misión! Que se atoparía dentro daquela casa? Quen era o seu amigo misterioso? Que problema teremos que solucionar? Estas e outras moitas preguntas xurdiron hoxe na nosa aula, pero ningunha delas tiña resposta polo momento...

O que si soubemos resolver foi a súa primeira cuestión... Certamente, de primeiras só coñecíamos o nome de Violeta, a filla maior da familia Increíble. Pero grazas ao conto e ao cómic que nos trouxo a nosa compañeira Aroa sobre eles descubrimos que forman a familia Parr, e que os seus nomes son Bob, Helen, Violeta, Dash e Jack-Jack!

Mañá plasmaremos por escrito esta información! Será posible que xa poidamos abrir a primeira das portas? Esperemos que si!


Ademais, xa foron chegando a clase as primeiras aportacións das familias. Mirade, mirade:


Mariña chegou cargadiña con varios xogos de mesa de Spiderman e Lady Bug! Canto nos imos divertir!


Roi e Izan trouxéronnos estas figuras do home araña! Xa se atopan no recuncho das construcións, porque teremos que construír algunha cidade sobre a que poidan soltar as súas teas, non?


Alonso veu cun gran cubo de Spiderman e nel traía unha chea de figuras de superheroes: Spiderman, Capitán América, Iron Man, Hulk e Cyborg! Que ben o imos a pasar!

SEGUIREMOS INFORMANDO!

Comentarios

Publicar un comentario