CADROS A MEDIO ACABAR...

No día de onte na nosa aula fixemos unha pequena tarefa sobre Joan Miró, mais como nos sobrou moita pintura, que por suposto non podíamos tirar, improvisamos unha nova actividade no patio da nosa escola!


Para aproveitar o soliño destes días, escollemos á nosa parella e baixamos ao patio cartolinas, pinceis e a pintura sobrante, e só tiñamos unha misión: rematar a pintura creando obras de arte inspiradas en Joan Miró... Aquí nos tedes en pleno proceso:





Unha vez rematada a pintura os cadros estaban listos! Así, como quedasen, o importante nesta actividade era non desperdiciar nadiña... Así pois, todo o que baixamos volvémolo subir e deixamos as nosas obras de arte a secar.

Esta mañá os cadros estaban listos, polo que xa lle podíamos dar título para logo expoñelos no noso corredor. Agardamos que vos gusten!

Nizar e Brais M.: "A bolboreta, o paxaro e o can"

Daniella e Zaira: "Viva a vida de bolboreta"

Lucas e Alejandro V.: "A casa de Miró afundida e o ceo vixiando para que entren os peixes"

Mario e Leila: "Os nenos e as nenas no cole"

Izan e Xabier: "A casa, a árbore e o paxaro perdido"

Andrea e Aroa P.: "O cadro máis bonito do mundo"

Claudia e Marta: "Xa chegou a primavera"

Roi e Lucía: "O cadro do mundo"

Alonso e Hugo: "Paisaxe bonita"

Martina e Aroa V.: "O Espazo interior"

Naia e Noa: "As manchas esparcidas"

Brais P. e Alejandro G.: "A montaña das vistas"

Comentarios

Publicar un comentario