FELIZ DÍA DA NAI!

Hoxe, primeiro domingo de maio, celébrase o Día da Nai! Por suposto, non podíamos deixar pasar esta data tan especial, así que o venres algo levamos para as nosas casas. Serían os Pondaliñ@s capaces de gardar o segredo? Quen sabe...

Contámosvos! Fai uns días que baixamos a un dos xardíns da nosa escola para sacar unhas fermosas fotos coas letras que forman a palabra "MAMÁ". Aquí volas deixamos, mirade que bonitas quedaron:


Ademais, durante esta semana tamén quixemos deixar as nosas pegadas con forma de corazón nun lenzo en branco que completamos cun gran "QUÉROTE MAMÁ", porque os Pondaliñ@s querémolas moitísimo a todas e cada unha delas!

Logo, a profe encargouse de imprimir as imaxes e tamén nos botou unha man con iso pegarlle ao lenzo unha corda onde as puidésemos colgar todas. Así pois, o noso agasallo estaba listo para que as nosas mamás o colocasen nun recuncho especial nas nosas casas. Aquí vos deixamos o que realizou Zaira, a encargada deste venres. Agardamos que vos guste!


E como calquera agasallo que se precie, tiñamos que envolvelo! Aquí nos tedes aos demais Pondaliñ@s cos nosos regaliños listos para ser entregados!





Esperamos que os nosos agasallos xa estean nas mans das súas destinatarias e, sobre todo, que lles gustase moito este detalliño que con tanto amor fixemos!

E sen máis... Feliz día mamás! Querémosvos moito!

Comentarios

  1. Encantame vaya regalado, Álex gardou moi Ben o segredo escondiuno e deumo hoxe cando se levantou

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! Alegrámonos moito de que che gustase 😍 Agora a desfrutar do teu día con Alejandro e Héctor 👩‍👦‍👦

      Eliminar
  2. Encantoume gracias por ter ideas tan orixinais .😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! Alegrámonos moito de que che gustase 😍

      Hei de dicir que nesta ocasión a profe Bea botoume unha man na busca de ideas e no proceso de creación, así que parte do mérito tamén é dela. E, por suposto, de tódolos Pondaliñ@s 😊

      Agora só queda seguir desfrutando do teu día con Aroa e Kevin 👩‍👧‍👦

      Eliminar
  3. Encantoume o regaliño pero Andrea non gardou o segredo cando veu da escola xa mo dou.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As ganas de darcho puidéronlle a Andrea 🤣 Pero que ben que che gustase, alegrámonos moito 😍 Agora a desfrutar do teu día con Andrea e Hugo 👩‍👧‍👦

      Eliminar
  4. Naia gardouno hasta hoxe despois de comer cando lle dou o seu regalo cn Alejandra, a avoa, precioso e pouco encantoume e q decir as mamas caenos a baba, gracias Rocío e Bea sodes xeniais

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben soubo gardar esta nena o segredo! Alegrámonos moito de que che gustase 😍 Esperamos que desfrutases moito do teu día con Naia e Alejandra 👩‍👧‍👧

      Eliminar
  5. Encantoume o regaliño. Pero claudia nn puido gardar o segredo xa mo dou o venres cando chegei de traballar. Precioso moitas gracias profes

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non pasa nada, a ilusión de mamá seguro que é a mesma 😊 Que ben que che gustase, alegrámonos moito! 😍 Esperamos que desfrutases moito do teu día con Claudia e Ainoa 👩‍👧‍👧

      Eliminar
  6. jajajajaja non foi Roi solo o que mo dou daquela o baixar do bus jjajaja, eu son moi cotilla,tampouco me aguantaría jajajaja,e a verdad profes Rocio e Bea chuliiisimoo , o que me gusta a min una fotitooo jijiijijij ideal,estara nun lugar priviligiado,como todas as cousiñas que fan

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito de que che gustase! 😍 Roi nunca foi moito de gardar segredos, todo o quere contar 🤣 Pero non pasa nada, aínda adiantándose seguro que a mamá lle fixo a mesma ilusión 😊 Esperamos que desfrutases moito do teu día con Roi e Leo 👩‍👦‍👦

      Eliminar

Publicar un comentario