INICIAMOS #EQUALITER!
O vindeiro 25 de novembro conmemórase o 'Día Internacional contra a Violencia de Xénero', e neste ano 2018 as nenas e nenos do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso querémonos unir á iniciativa proposta por unhas mestras que traballan en colexios de Abadín, Vilalba e Guitiriz.
Trátase dunha actividade de sensibilización a nivel autonómico co fin de dar visibilidade ás verbas do alumnado galego máis alá das paredes das súas escolas.
Así pois, uníndonos a esta iniciativa, no noso colexio estamos a crear un mural no que mostramos o noso rexeitamento á violencia. Esta mañá deixamos as nosas pegadas moradas no devandito mural e, ademais, unha das nenas de 5 anos gravou a voz en off que se escoitará nun vídeo que estamos a crear.
Polo momento deixámosvos un cachiño do proceso de creación xunto á profe Silvia, coordinadora do Equipo de Convivencia, o encargado de darlle forma a esta proposta.
Proximamente publicaremos o vídeo final xunto aos dos demais colexios participantes, así que estade ben atentos á web da nosa escola e ao blog da nosa aula para non perdervos nadiña!

Estaremos atentos
ResponderEliminarMoi ben! 👏👏👏
EliminarParrceme moi ben a iniciativa sensibilizar os nosos nenos desta lacra de sociedad...deseando ver o resultado final
ResponderEliminarClaro que si! 🙂 O venres estará publicado! 😉
Eliminar