DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O próximo 25 de novembro, no noso colexio, conmemorarase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Esta mañá, durante a asemblea, falamos da importancia de tratarnos ben os uns aos outros. A partir da frase "Coas miñas mans podo...", cambiamos iso de pegar e molestar aos demais por outras accións moito máis positivas: abotoarnos, abrazar, acariciar, aplaudir, bailar, bucear, chocar as cinco, cociñar, coller cousas, comer, contar, ducharnos, escondernos, escribir, lavar os dentes, nadar, peitearnos, pescar, pintar, recoller, saudar, tocar o piano, vestirnos, xogar...

Logo, descubrimos que o violeta é a cor deste día, a cor do amor, polo que cada un de nós pintou unha man, na que escribiremos algunha destas accións positivas, e que a próxima semana pegaremos nun gran mural que crearemos cos demais nenos e nenas da nosa escola.




Comentarios